Powered By Blogger

7/4/11

OS NOVOS ESPAZOS DE XOGO NO PATIO

Desde fai uns días o patio do noso centro empezou a cambiar de traxe: entre varias persoas da comunidade educativa estamos pintando zonas para practicar os xogos de sempre, os que xogaron os nosos pais e nais, avós e avoas.

O alumnado de Vite tamén os practica  con frecuencia e agora que hai zonas novas e moitas cores parece que hai moito rebulir polo patio nos tempos de lecer. Desexamos que este entusiasmo se prolongue moito tempo.

1/3/11

O MECO

Este é o noso Meco. O Meco é o rei do entroido, e nos di que cada día desta semana temos que engadir unha peza ao noso traxe de "choqueiros", é dicir, non cun disfrace que merquemos, senón con roupas vellas e imaxinación.  Animádevos!

27/2/11

RECURSOS PARA O ENTROIDO


FELIZ ENTROIDO A TOD@S!

Neste enlace poderedes atopar diferentes recursos didácticos, publicacións, manualidades, etc. relacionados co entroido, propostos pola Coordinadora Galega de ENDL.
www.coordinadoraendl.org/2011entroido/