Desde fai uns días o patio do noso centro empezou a cambiar de traxe: entre varias persoas da comunidade educativa estamos pintando zonas para practicar os xogos de sempre, os que xogaron os nosos pais e nais, avós e avoas.
O alumnado de Vite tamén os practica con frecuencia e agora que hai zonas novas e moitas cores parece que hai moito rebulir polo patio nos tempos de lecer. Desexamos que este entusiasmo se prolongue moito tempo.